7 de mar. de 2014

Exposición de Fermín Jiménez Landa na Galería Bacelos de Vigo

 
El lago de los cisnes 
de
Fermín Jiménez Landana
Galería Bacelos (c\ Progreso, 3, Vigo. 36202)

13 marzo - 30 junio 2014

Na sala soa "El lago de los cisnes" e non hai, agás que o chan está cuberto de papel de lija. Un material abrasivo que non impide o movemento pero convérteo en algo raro. O que cambia é a textura do paso, do camiñar, sen forma nin apenas cor; un mosaico de distintos tons de lija, do negro ao ocre pasando polo verde escuro. Un artilugio, a lija, que vén das artes útiles, da ferretería da esquina, do manual, o que dá forma ou dá textura polo menos, púe, abrillanta. Hai unha posibilidade implícita de cambio formal pero non hai obxectos que transformar.
No "Lago dos cisnes" non se ensina nada, ocorren cousas. Hai unha dimensión temporal. É necesaria a presenza física de persoas que se despracen polo espazo, que anden. Moitos dos traballos de Fermín teñen que ver co camiñar e coa gravidade, coa simple física, que nos atrae ao chan e provoca o rozamento diario 

Ningún comentario:

Publicar un comentario