13/03/2014

Rolda de Prensa para a Presentación da XXIV Mostra do Encaixe de Camariñas


Esta mañá, ás 12 h, tivo lugar na hemeroteca de EMAO unha rolda de prensa co gallo da presentación da XXIV Mostra do Encaixe de Camariñas, estiveron presentes no acto: O concelleiro de Distritos, Parques e Xardíns, Limpeza e Comercio de Vigo, Anxo Rivas González; o alcalde de Camariñas, Manuel Alonso de León; a concelleira delegada da Mostra, Sandra Ínsua; a xefa do departamento de Textil, Confección e Pel do CIFP Manuel Antonio, Nuria San Bruno; a directora da Escola Superior de Deseño Goymar en Vigo e directora do Centro Superior Autorizado de Artes Plásticas ao Deseño de Indumentaria Tex- Moda, María del Mar Ciorraga e a directora do Centro de Formación en Deseño de Moda Pin Factory, Beatriz Novas. O acto foi presentado por Marcela Riera de RDF Xestión de Medios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario