19 de maio de 2014

25 Anos de Raku Segundo Nigrán

A última semana de maio, terá lugar o que algúns dos asistentes a edicións anteriores denominaron un happening cerámico e outros simplemente chamaron "Raku segundo Nigrán".
Pensamos que o significado, da propia palabra Raku ( liberación, felicidade, gozo e satisfacción ) axudounos a chegar e esta edición coa que cumprimos vinte e cinco anos. Sen esquecer a todas as persoas que nos acompañaron nesta liturgia que comezou un frío decembro de 1989 na Escola de Cerámica do Concello de Nigrán, que por aquel entón estaba situada no lugar dá Porqueira.
Esperamos que gocedes unha vez mais desta máxica semana e que os resultados colmen todas as vosas expectativas.
Escola Municipal de Cerámica de Nigrán
25º edición de Raku

Do 26 ao 30 maio 2014
Horario: 17.00 h. a 21.30 h.
Cotros - Nigrán 

Ningún comentario:

Publicar un comentario