21/05/2014

Últimos Días da Exposición "Historia, Miradas de Artistas" no MARCO


Últimos días da exposición 
"HISTORIA, MIRADAS DE ARTISTAS"
que se clausura este domingo 25 de maio no MARCO 
e que se exhibirá a partir de xuño en PhotoEspaña 2014 (Zaragoza)
 
Eric Baudelaire, Mohamed Bourouissa, Luc Delahaye, Shai Kremer, Cristina Lucas, Eduardo Nave, Paola de Pietri, Paolo Ventura 
A través de oito artistas que traballan coa fotografía, o vídeo e a instalación, a exposición ‘HISTORIA, MIRADAS DE ARTISTAS’ formula diversas miradas, diversos modos de aproximarse aos feitos históricos, tanto do presente coma do pasado. A todos eles os une o desexo de reflexionar sobre os devanditos acontecementos pero o fan dende unha postura distanciada, que ten máis que ver coa do artista ca coa do fotógrafo de prensa ou de reportaxe. A maioría destes artistas traballan con imaxes construídas —apelando a ese “facer imaxes” que sinala Hans Belting na súa Antropología de la imagen—, e con iso poñen en dúbida o carácter demostrativo ou indexal do medio fotográfico. No seu conxunto, as obras reunidas nesta exposición formulan cuestións sobre os diversos modos de representación da realidade e evidencian, de xeito sutil e distanciado, as pegadas, feridas e cicatrices deixadas pola historia.
Ata o 25 de maio 
MARCO, salas de exposición do 1º andar

Ningún comentario:

Publicar un comentario