2 de xul. de 2014

Conferencia de Jacinto Barreiro. A DOP Rías Baixas: proceso de deterioro do albariño do Salnés

Organizado pola Asociación Cultural Pertenza, tivemos o pracer de albergar hoxe na nosa Hemeroteca, o acto de presentación do artigo D.O.P. Rías Baixas: proceso de deterioro do albariño do Salnés, editado por esta Asociación.

A conferencia, a cargo do autor Jacinto Barreiro Rodríguez, foi presentada pola presidenta de Pertenza, Mª José Miguez Abad. O texto editado foi repartido entre o numeroso público asistente.

Unha interesante e amena conferencia que se prolongou nun animado coloquio sobre as vicisitudes e problemática da producción industrial e artesanal do viño, da súa distribución e crítico futuro, así como as consecuencias dos planteamentos e xestión do Consello Regulador  desta denominación.

Grazas ao relator e á Asociación cultural Pertenza pola elección da nosa Escola para celebrar este acto cultural.

Ningún comentario:

Publicar un comentario