02/07/2014

"Vigo Ten Swing. Unha Aproximación á Historia do Jazz en Vigo" na Casa das Artes de Vigo


O 24 de xuño, inaugurouse na planta baixa da Casa das Artes (rúa Policarpo Sanz, 15) a exposición "Vigo ten swing. Unha aproximación á historia do jazz en Vigo", organizada pola Concellería de Cultura e Festas con motivo da décima edición do Festival de Jazz IMAXINA SONS. Esta exposición constitúe unha primeira achega á inserción do jazz na cidade, aos músicos e formacións que desenvolveron e desenvolven a súa actividade aquí, os locais que apostan e apostaron por esta música e que participaron activamente na exhibición e programación de jazz en Vigo. A exposición permanecerá aberta ao público ata o 27 de xullo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario