16 de out. de 2014

Exposición "Mario F. Granell. Morte e Reencarnación dun Pintor Galego" na Pinacoteca Municipal


O pasado sábado día 11 de outubro, inagurouse na Pinacoteca Municipal "Francisco Fernández del Riego" (rúa Abeleira Menéndez, 8) a exposición "Mario F. Granell. Morte e reencarnación dun pintor galego", conmemorativa do centenario do seu nacemento. A exposición é unha produción da Concellería de Cultura e Festas, comisariada por José Ballesta de Diego, director do Museo Municipal "Quiñones de León" do Pazo de Castrelos.
O Concello de Vigo presenta esta mostra monográfica da obra de Mario F. Granell a través de máis de sesenta cadros procedentes de diversos prestadores; documentos, fotografías... nunha das mostras máis importantes do artista celebradas ata a data. Deste xeito quere render sincero homenaxe a este gran pintor galego, falecido en Vigo, a súa cidade de adopción, en 1991. A exposición estará aberta ao público ata o 17 de maio de 2015.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario