21/10/2014

O Grupo Pertenza Organiza a Palestra "O Nacionalismo Musical en Galicia" na Hemeroteca coa Participación de Xosé R. Paz Antón

Foto de Lalo R. Villar
Este xoves, 23 de outubro ás 20:00 h, na hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios, tera lugar unha palestra organizada polo Grupo Pertenza, titúlase "O Nacionalismo Musical en Galicia" a persoa convidada é Xosé R. Paz Antón, fundador do grupo musical Na Lúa en 1980, escritor e autor de investigacións sobre historia e musicoloxía, pintor, político, etc. 
O obxectivo desta palestra é dar a coñecer que no século XlX naceu un movemento musical en Europa que extendeuse a outros continentes. Este movemento coñecido como Nacionalismo Musical atendía as melodías e ritmos de culturas, etnias, territorios ou nacións. En Galicia houbo representantes deste movemento que deixaron unha fonda pegada na cultura musical do país. Tratará de analizar os por menores da súa impronta, as técnicas de creación e utilización de materiais tradicionais e da literatura popular ou de autor, sen esquecer a relación coas iniciativas sociopolíticas do momento e na actualidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario