13 de nov. de 2014

A nosa Escola: promoción 1909

Recuperando dixitalmente vellas fotos da nosa biblioteca.

1909. Arquivo Biblioteca Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Está mañá, descubrimos no noso fondo histórico, esta foto do alumnado masculino do ano 1909, a imaxe moi deteriorada foi recuperada dixitalmente polo director, Rafael Ojea.
Fagamos un pouco de historia… cando se fixo esa fotografía, a Escola de Artes e Oficios levaba desde 1900 no actual edificio, o plan de estudos entón incluía materias como Aritmética (1º e 2º curso), Debuxo de Figura e Adorno, Debuxo Lineal (1º e 2º curso), Economía Política, Electrotecnia, Estereotomía, Física e Química, Xeografía Estadística, Xeometría, Manexo e Montaxe de Máquinas de Vapor, Modelado e Baleirado, Música (solfeo e piano) e Teoría e Historia da Arte. Un plan que respondía as características da nosa escola.
Coa transformación da Escola en Elemental de Artes e Industrias en 1901, establécense tres seccións: Ensino Elemental de Industrias chamada "sección oficial", Ensino Especial do Obreiro e Ensino Especial da muller. Esta situación permanece ata 1911 en que a Escola Elemental fusiónase coa Escola Superior de Industrias que desde 1904 ocupaba o chamado edificio "Anexo" encostado ao da Escola de Artes e Oficios e formando con este un todo.
Estos alumnos da foto seguramente forman parte dese continxente de persoas que crearon o Vigo moderno, responsables do seu auxe industrial, da súa riqueza e das súas empresas... daqueles que contribuíron á modernización e embelecemento da nosa cidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario