27 de xuño de 2011

IL TOTUM REVOLUTUM



No interior dun dos dous colectores situados na Praza da Estrela haberá unha exposición baixo o título Muro público, na que se proxecta o curto documental co mesmo nome, así como expoñense distintas fotografías dos murais acabados na intervención e obra dos artistas participantes. No outro contenedor haberá outra exposición que leva por título II Totum Revolotum, organizada por Alg-a e a Asociación Amálgama, con obra gráfica de pequeno formato de artistas galegos. Artistas participantes na exposición: Kardos Bueu, Santi Zubizarreta, Peri, Doa Ocampo, Lucía García, David MrTheFreak, Elara Elvira, Beatriz Lobo, Berto Fojo, Haz, Natalia Umpierrez, Ines Casarejos, M8K8, Miriam Cartagena, BettyBlue, Javier Perez De Lis, Andrés Magán, Tamara de la Fuente, Gloria Alonso, Tayone, Hugo Aldatz, Doa Ocampo, Antón Pascual, Delio Rodriguez . A mostra está enmarcada dentro do ciclo cultural "Vasos comunicantes" que inclúe intervencións plásticas, obradoiros, performances, instalacións ...como parte do Festival Vigo Transforma.

Datas:  24 de xuño ao 3 de xullo
Horario: 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
Lugar: Praza da Estrela ( O nadador)

Ningún comentario:

Publicar un comentario