28 de xuño de 2011

DE PAROLA ... CON MINGOS TEIXEIRA


O próximo mércores 29 de xuño ás 19 h. na Librería Peles Guedellas, Mingos Teixeira charlará sobre "A imaxinación en perigo de extinción", sobre a importancia da imaxinación na educación e na vida, sobre a arte e o xogo como elementos dinamizadores da imaxinación, ademais dos factores negativos que a están a levar á extinción. 
Ademais a partir do venres 1 de xullo ás 19,30 h. no segundo piso podese ver a mostra de libros de vidro reciclado, fundido a uns 800° sobre madeiras recuperadas de derrubamento e madeira de embalaxe. Trátase dunha serie, de Gustavo Suasnábar e Cristina Pino, dous artistas que fan do “lixo” un elemento plástico a través de técnicas especiais desenvolvidas nestes últimos anos. Con exposicións en Buenos Aires, Florencia, Paris, Milán e Frankfurt, na actualidade forman parte dunha mostra itinerante do Instituto Cervantes.
Lugar: Librería Peles Guedellas, rúa Dr. Cadaval, 21. Vigo

Ningún comentario:

Publicar un comentario