17 de dec. de 2014

Exposición "Maneras de Mesa" en Lilliput Galería de Arte-Librería Versus

"O pan é ouro" de Emilia Guimeráns
O vindeiro venres, 19 de decembro, ás 20:30,  inaugúrase na Librería Versus- Lilliput Galería de Arte, unha exposición de catro artistas, entre os que se atopa Emilia Guimeráns, que ten unha longa traxectoria como docente desde que iniciou a súa actividade en 1986. Ensina na Escola de Cerámica de Nigrán e expuxo o seu traballo en mostras individuais e colectivas tanto españolas como internacionais. Desde 2008 é membro da Academia Internacional de Cerámica e no 2012 formou o grupo Tinglao con Jorge Pérez Conde. Con Emilia, os nosos alumnos de cerámica,  comparten todos os anos a Semana de Raku segundo Nigrán.

1 comentario: