22/01/2015

Concurso Internacional de Cerámica “Carouge 2015″


A cidade de Carouge (Suiza) organiza esta concurso bianual de cerámica desde hai máis de 16 anos. É un concurso aberto a ceramistas de todo o mundo e conta con preto de 10.000 € en premios.
Este concurso propón en cada edición un tema obrigado das obras cerámicas. Na edición de 2015 este tema será a iluminación, polo que as obras presentadas deben virar en torno á inclusión de elementos luminosos nas pezas de cerámica. O período de inscripción finaliza o próximo 20 de abril de 2015.
Nesta edición entregaranse vos seguintes premios:
  • O "Prix da Ville de Carouge", dotado con 10.000 Francos suizos (7.000 € aprox.)
  • O premio da Foundation Bruckner, de 2.000 Francos suizos (1.400 € aprox.)
  • O premio "Swissceramics", patrocinado pola Asociación de Cerámica suiza, cunha dotación de 1.000 Francos suizos (700 €).
Máis información: Musée de Carouge
Fonte: Fundesarte

Ningún comentario:

Publicar un comentario