10 de xan. de 2015

Novas Adquisicións para a Biblioteca da Emao


Estas imaxes son unha pequena mostra dos títulos que se incorporarán en breve á colección moderna da biblioteca de Artes e Oficios, como podedes observar temos libros para as diferentes especialidades que se cursan na Escola: debuxo, serigrafía, cerámica, artesanía en coiro, talla en madeira... Este ano destaca unha importante adquisición de libros e planos para luthería antiga, neste punto a biblioteca  agradece a colaboración dos alumnos desta especialidade que coas súas suxestións colaboraron ao enriquecimento do noso fondo especializado nos oficios artísticos e tradicionais. Estas novas adquisicións que están pendentes do proceso técnico previo a súa incorporación ao catálogo, estarán en pouco tempo a disposición dos nosos usuarios. Esperamos que vos gusten.

Ningún comentario:

Publicar un comentario