20/02/2015

O Artesán do Coiro Enric Ferrer na EMAO


O mestre Enric Ferrer, esta tarde na hemeroteca, explicando a súa técnica do bordado no coiro. Esta demostración forma parte das actividades complementarias organizadas e coordinadas polo mestre da especialidade de artesanía do coiro, Pepe Pereira, co gallo da exposición "Coiro... aínda que non o pareza" que se mostra no Espazo Emao, a sala de exposicións da Escola.

Lugar: Espazo EMAO. Edificio Anexo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (entrada polas rúas Rosalía de Castro e Pontevedra).
Datas: do 12 de febreiro ao 27 de marzo de 2015
Horario: de 19:00 a 21:00 horas, dias laborables

Ningún comentario:

Publicar un comentario