01/04/2015

A Exposición "Coiro ... aínda que non o pareza" na Revista "Oficio y Arte"



Aquí tedes o artigo que a revista Oficio y Arte publicó sobre a nosa exposición "Coiro ... aínda que non o pareza" , a mostra na que participaron máis de 30 creadores de toda España , un de Colombia e catro de EEUU, ademais de alumnos e antigos alumnos da Escola. acaba de clausurarse con gran exito de público.
A exposición ofreceu visitas guiadas –para achegar a todos aqueles que lles interese coñecer dunha forma máis detallada as técnicas, as pezas e os artesáns que participan- e demostracións en vivo nas que o alumnado e o mestre da especialidade, explicarón e amosarón técnicas coma o repuxado, o trenzado, o pulido por capas e técnicas caseiras experimentais. 
Desde aquí só quédanos felicitar ao responsable de tan fantástica exposición ademais de promotor e coordinador de todas as actividades complementarias,  o mestre de artesanía do coiro, Pepe Pereira. Tamén a Alba Pardo e Márian Núñez, comisarias do Espazo Emao.

Ningún comentario:

Publicar un comentario