13/04/2015

Conferencia de Miguel Vázquez na Xornada Técnica da Asociación Española de Cidades da Cerámica


A Asociación Española de Cidades da Cerámica organizou para o sábado 18 de abril, unha Xornada Técnica, onde debater e reflexionar sobre os cambios nos sistemas de formación en cerámica artesanal, para que os responsables e profesores das escolas reguladas, os de formación complementaria, os alumnos, os ceramistas, xestores públicos e outros profesionais do sector poidan participar e intercambiar opinións. Tamén tratar sobre a formación permanente e como favorecer os intercambios profesionais a nivel nacional e internacional. Nesta Xornada Técnica participa o noso mestre de cerámica artística, Miguel Vázquez coa comunicación títulada "EMAO unha experiencia docente da cerámica, desde a óptica non regulada" 
Data: Sábado 18 de Abril de 2015
Lugar: La Rambla (Córdoba), Centro de Iniciativas Empresariales (Pol. Ind. Los Alfares)

Ningún comentario:

Publicar un comentario