10/04/2015

Conferencia sobre "Luis Seoane: O Artista Comprometido Coa Súa Terra" por Paula Mariño na III Mostra de Artesanía de Gondomar


Co gallo da celebración dos Días Europeos da Artesanía 2015, a Asociación de Artesáns do Val Miñor «Mestura», en colaboración coa Concellaría de Cultura de Gondomar e a Escola de Cerámica organiza este fin de semana a 3ª Feira de Oficios Artesáns para os días 11 e 12 de abril. Haberá conferencias, mesas redondas, talleres e demostracións de xoiería, coiro, encaixe de palillos e talla de madeira.
O ano pasado xa  dera unha charla-conferencia o mestre de artesanía en coiro, Pepe Pereira. Este ano será a mestra de pintura, Paula Mariño Pazo quen dea unha conferencia títulada «Luis Seoane: O artista comprometido coa súa terra», será o domingo, 12 de abril  ás 18:00 horas, na Casa da Cultura de Gondomar.
Fonte: La Voz de Galicia

1 comentario:

  1. Grazas María Xesús, ti sempre informando de todo o que ocorre na escola e tamén fóra dela. Bicosmil

    ResponderEliminar