22/04/2015

Imaxes da Montaxe da Exposición "Da Xeometría á Desorde, da Desorde á Xeometría" no Espazo EMAO


Este venres, 24 de abril ás 19 horas, inaugúrase a exposición "Da xeometría á desorde, da desorde á xeometría"  con obras do alumnado da especialidade de Pintura da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. 
A mostra participa de dous estilos pictóricos que foron dominantes a principios do século XX: a abstracción xeométrica e a abstracción expresiva, que parecen ser opostas e complementarias, mais na actualidade, estas dúas tendencias que no século XX, eran case antagonistas, confúndense, mestúranse, dilúense.
Lugar: Espazo EMAO. Edificio Anexo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (entrada polas rúas Rosalía de Castro e Pontevedra).
Datas: do 24 de abril ao 22 de maio de 2015 Horario: de 19:00 a 21:00 horas, dias laborables
Comisaria Paula Mariño, mestra da especialidade de Pintura da EMAO
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo/ Alumnado da especialidade de Pintura.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario