29/06/2015

Entrega de Diplomas Fin de Estudos, Curso 2014-2015

Maña, martes 30 de xuño, ás 19:00 h, terá lugar no salón de actos da Escola o acto de entrega de diplomas para o alumnado das distintas especialidades (Nivel II en CAIM, Cerámica, Encadernación Artística e Serigrafía artística ; Perfeccionamento II no resto das especialidades) que remata os seus estudos no curso 2014-2015. Como de costume, cada profesor chamará ao alumnado que lle corresponde, e entregará o diploma o Excmo. Alcalde, Abel Caballero, un a un, segundo o listado de cada especialidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario