15 de xuño de 2015

Luis Seoane. Retrato de esguello

Foto: cortesía Fundación Luis Seoane
Este proxecto expositivo, coproducido polo MARCO de Vigo e a Fundación Luis Seoane, formúlase como revisión global da figura dun autor complexo e diverso, un creador de vocación universal. Intelectual comprometido, editor, pintor, debuxante, ilustrador, gravador, muralista, deseñador gráfico, cartelista, deseñador industrial, escenógrafo teatral, poeta, narrador, guionista, ensaísta, comunicador en prensa escrita e radiofónica, crítico e teórico das artes, emprendedor e outras moitas cousas, a traxectoria de Luis Seoane sitúao como a personalidade máis poliédrica da cultura galega do século XX. 
Unha vez clausurada no MARCO, a exposición terá continuidade en varias institucións de Galicia como o Museo Provincial de Lugo, a Fundación Granell de Santiago, ou o Centro Torrente Ballester de Ferrol, que amosarán visións parciais e diferentes desta mostra. En 2016 viaxará á Fundación Luis Seoane e outros espazos da Coruña.

Datas: 12 xuño 2015 - 27 setembro 2015
Lugar: Salas de exposicións da planta baixa
Horario: martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00, domingos, de 11.00 a 14.30
Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo / Fundación Luis Seoane, A Coruña; Coordinación: Carmela Montero
Comisariado: David Barro

Ningún comentario:

Publicar un comentario