24 de xul. de 2015

A Primeira Edición de "La Regenta" de Leopoldo Alas, Clarín


Nosa biblioteca segue a darnos agradables sorpresas, unha delas é esta primeira edición da novela de Leopoldo Alas (Clarín) "La Regenta" publicada por Daniel Cortezo en Barcelona en 1884 y 1885 en dous volumes. A novela transcurre en Vetusta (nome alusivo a Oviedo) e supuso un verdadeiro escándalo no seu momento, especialmente na capital asturiana. Esta novela está considerada como a obra cume de Clarín e da novela española do século XIX, un dos máximos exponentes do naturalismo e do realismo progresista.
A obra foi publicada en Barcelona nun momento de gran desenvolvemento da industria tipográfica que coincidiu co auxe do esteticismo catalán nas artes decorativas e gráficas. Froito diso xurdiu, como máximo exponente, a «Biblioteca Arte e Letras» onde, á calidade dos textos literarios uníronse unha magnífica serie de ilustracións dos debuxantes máis prestixiosos da época así como unhas bellísimas cubertas que, aínda hoxe día, constitúen un modelo de encadernación artística.

1 comentario: