30/09/2015

Efemérides do 29 de setembro: o Nacemento de Miguel de Cervantes Saavedra


Onte foi a efemérides do nacemento de Miguel de Cervantes Saavedra (29 de setembro de 1547), novelista, poeta e dramaturgo español; é considerado a máxima figura da literatura española e é universalmente coñecido por ser o autor de Don Quixote da Mancha, considerada como a primeira novela moderna e unha das mellores obras da literatura universal. Na nosa biblioteca conservamos algunhas das obras de Cervantes, pero temos tamén unha biografia sobre este autor, aquí tedes algunhas imaxes.
Vida de Miguel de Cervantes Saavedra / escrita e ilustrada... por Martín Fernandez de Navarrete
Madrid : La Real Academia Española, 1819

Ningún comentario:

Publicar un comentario