24/09/2015

Pablo Otero Pino, Finalista do Premio Nacional de Encadernacións Artísticas 2015


O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte concedeu onte os premios ás mellores encadernaciones artísticas. Os galardons, dotados en total con 12.000 euros, recaeron en María del Carmen Villalba Caramés - primeiro premio: 6.000 euros - por Reditus; Carlos Montoya Montoya - segundo premio: 4.000 euros - por Nacam, e Zigor Anguiano Calzada - terceiro premio: 2.000 euros- por Privacións.
Entre as 51 obras presentadas a concurso quedaron como finalistas Guadalupe Roldán Morales por Ravvena, Pablo Otero Pino por Tránsito e Isabel Palmero Valladolid por Pegadas. A convocatoria do premio nesta edición establecía que servise de cuberta a óbra "Señas de identidad", de Juan Goytisolo, último Premio Cervantes.

Temos que felicitar ao mestre de encadernación da EMAO, Pablo Otero Pino, que quedou finalista deste prestixioso premio. Parabéns!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario