17/09/2015

Aniversario de Emilia Pardo Bazán


Emilia Pardo Bazán (A Coruña, 16 de setembro de 1851-Madrid, 12 de maio de 1921)
Hoxe hoxe cúmprense 164 anos do seu nacemento. Novelista, cuentista, crítica literaria e profesora, escribía sobre as ideas máis innovadoras da súa época. Ademais de novelas e contos, escribiu libros de viaxes, obras dramáticas, composicións poéticas e numerosísimas colaboracións xornalísticas, a través das cales a súa presenza foi constante na España do seu tempo. Coa súa obra e coa súa vida puxo de manifesto a capacidade da muller para ocupar na sociedade os mesmos postos que o varón, sen renunciar ao específicamente feminino.

No fondo histórico da nosa biblioteca conservamos algunhas das súas obras, como varios números da revista "Nuevo Teatro Crítico" que publicó entre 1891 e 1893, "Polémicas y estudios literarios", "La revolución y la novela en Rusia", "El P. Luis Coloma : biografía y estudio crítico", "Hernán Cortés y sus hazañas", "Lecciones de literatura" ou a novela "Misterio"

Ningún comentario:

Publicar un comentario