19/01/2016

O Naufraxio do Crucero "Reina Regente"


 
Informe acerca de las causas probables de la pérdida del Crucero Reina Regente / Fernando Villamil, José Castellote.--  Madrid: Sucesores de Rivadeneyra,1896.
 91 p., [40] f. de lám., [1] f. pleg ; 36 cm.

O "Reina Regente" foi un crucero protexido construído pola ingeniería naval militar en España para a Armada nos astilleros de Thompson-Clydebank. Foi un barco pionero en moitos sentidos, o primeiro crucero español de moderna factura do que dispuxo a España da Restauración. 
O barco foi botado en 1887 en Glasgow, sendo entregado á Mariña española inmediatamente. Fixo varias singraduras (Cádiz, Barcelona, San Sebastián,Génova, A Habana, Vigo, Nova York, etc.) e tivo cinco cambios de comandante, os cales emitiron os seus correspondientes informes críticos sobre as condicións marineras do crucero.
O 10 de marzo de 1895, o crucero da Armada e os 412 homes da súa dotación desapareceron sen deixar rastro nun temporal durante unha curta travesía entre Tánger e Cádiz. O tráxico episodio, coas súas notas máis dramáticas, é ben coñecido grazas a diversos artigos publicados nos últimos anos.
No fondo histórico da nosa biblioteca consérvase o Informe acerca de las causas probables de la pérdida del Crucero Reina Regente, un documento de gran profundidade e extraordinario rigor, que contén os resultados da investigación do naufragio.


Ningún comentario:

Publicar un comentario