18 de mar. de 2016

Convocatoria de Curso monográfico de Ourivaría na EMAO





Dentro das previsións do novo Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, convócase o curso monográfico Xoiaría creativa con materiais cotiáns, atopados e de reciclaxe, que impartirá a mestra da especialidade de Ourivaría da Escola, Sandra de Jesús. Enfocado á experimentación e aplicación de materiais non tradicionais na creación en ourivaría, e a percurar novas e actuais propostas creativas, acordes coa xoiaría e orfebrería contemporánea, para encamiñarse cara ao traballo de autor.

Programa:

  • Introdución histórica e artística.
  • Os materiais e as súas posibilidades.
  • Deseño e fabricación de pezas que combinen o traballo en metal con estes materiais.
  • Execución, fixación e acabados.

Datas: 8 de abril ao 10 de xuño de 2016 en sesións de 3 horas os venres de 18:00 a 21:00. Total 30 horas.

Destinatarios: Persoas que teñan coñecementos básicos das técnicas de ourivaría. Terán prioridade as persoas que remataran a especialidade de Ourivaría na EMAO. Non poderá inscribirse alumnado que actualmente estea matriculado en calquera das especialidades da Escola. Máximo 15 prazas.

Inscripción: ata o 5 de abril. Gratuíta mediante envío de correo electrónico a emao@vigo.org cos seguintes datos:
  •  Asunto: Curso Xoiaría creativa
  •  Nome e apelidos solicitante:
  •  DNI:
  •  Anos nos que cursou a especialidade na EMAO
A inscripción realizarase por estricta orde de recepción do correo (coa prioridada indicada), sempre que se cumpran coas condicións citadas. A confirmación realizarase pola EMAO por e-mail.

Ningún comentario:

Publicar un comentario