31 de maio de 2016

A Primeira Edición Facsímil do Pergamino Vindel na Biblioteca da Emao


Este pasado domingo publícanse no Faro de Vigo unhas fotos da edición facsímil de Pedro Vindel sobre o pergamino do mesmo nome que temos na nosa biblioteca. Este recolle as sete cantigas de Martín Codax, un dos grandes poetas da Idade Media que cantou ao mar de Vigo. Esta publicación ten a particularidade de que pertece a unha tirada de muy poucos exemplares dos que puxéronse á venda só dez. A primeira noticia do descubrimento foi dada a coñecer por Pedro Vindel, en febreiro de 1914, en revísta Arte Española. Ao ano seguinte, en 1915, o librero publicou a primeira edición facsímil do manuscrito. O pergamino orixinal consérvase na Pierpont Morgan Library de Nueva York desde 1977.


Copia facsímil do pergamino Vindel

25 de maio de 2016

Primeiras Imaxes da 27 Semana de Raku Segundo Nigrán

Xa comezou a 27 edición de Raku segundo Nigrán, estase desenvolvendo esta semana, entre os días 23 e 27 de maio. Esta actividade é froito da estreita colaboración da Escola Municipal de Cerámica de Nigrán e do Obradoiro de Cerámica Artística da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Participan alumnos e ex alumnos de ambas escolas e poden asistir como público todas as persoas interesadas nesta milenaria técnica. Aquí tedes algunhas das fotos que Susana Rodríguez acábanos de enviar. Moitas grazas, Susana, pola túa colaboración

 
 




24 de maio de 2016

Conferencia "Os Coros Galegos no Idearium das Irmandades da Fala. O Caso de Cántigas da Terra" na Hemeroteca da Escola de Artes e Oficios

Foto de Fernando Collazo

O próximo xoves, 26 de Maio ás 19:30 h na nosa hemeroteca, o Colectivo Pertenza dentro do Ciclo “Arte e sociedade: o compromiso artístico” convídavos a esta 2ª conferencia baixo o título de "Os Coros Galegos no idearium das Irmandades da Fala. O caso de Cántigas da Terra"
A conferencia será desenvolvida polo musicólogo Ramón Rodríguez Palleiro coñecido artísticamente como "Moncho do Orzán” e presentada polo coñecido músico Alejo Amoedo, membro do Colectivo Pertenza.

23 de maio de 2016

Visita á Escola da Asociación Veciñal de Beade

Presentación na hemeroteca

O xoves pasado recibimos a visita dun grupo de 25 mulleres da Asociación Veciñal de Beade que están a recibir un curso sobre historia e arte "Coñece Vigo a través da súa historia e da súa arte" dentro do programa da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo "Ser muller é unha boa idea", viñan acompañadas pola súa profesora Puri Pérez González que tivo a deferencia de incluir a visita á nosa Escola no seu programa. Visitaron  a biblioteca e as aulas de debuxo, serigrafía artística e cerámica artística. Esperamos que a visita fose de voso agrado. Aquí tedes algunhas fotos... xentileza de Puri Pérez González.

Na aula de debuxo co mestre Federico Fernández
No obradoiro de serigrafía coa mestra Alba Pardo
Obradoiro de cerámica
O mestre de cerámica Miguel Vázquez

18 de maio de 2016

Cartel Gañador da Pedaliña 2016

Cartel gañador de Borja Portela

Este é o cartel gañador da Pedaliña 2016, 9ª edición "Vive Vigo en Bici" elaborado por Borja Portela, alumno do curso Básico de Serigrafía Artística da Emao. Parabéns, Borja!!!

11 de maio de 2016

Convocatoria do Nivel Avanzado para o Curso 2016-2017

Proxecto "Tecnoloxía Interestelar" 2014 de Isabel Prieto Varela

Convocatoria do Nivel Avanzado para o curso 2016-2017.
O alumno/a que remate o nivel superior da especialidade na que estea matriculado/a, coa cualificación de apto/a, poderá acceder ao nivel Avanzado, que consiste no desenvolvemento dun proxecto persoal de fin de estudos directamente relacionado coa especialidade cursada, previamente presentado e seleccionado ao remate do curso académico, unha vez avaliado e calificado como Apto/non apto o proxecto desenvolvido, conforme ao Plan de Estudos da EMAO 2015 (PEMAO2015)
Este nivel ten carácter presencial, en sesións semanais de dúas horas de duración durante a totalidade do curso académico. A asistencia será obrigatoria para os /as seleccionados/as, cun máximo de faltas de asistencia xustificadas do 25% do total do crédito horario.
Á finalización do proxecto, que deberá ser rematado antes do fin do curso académico 2016-2017, o/a docente-titor/a emitirá un informe de valoración no que conste motivadamente se o alumno/a acadou ou non os obxectivos expresos indicados na súa memoria inicial de proxecto.

Prazos

  • Do 23 de maio ao 13 de xuño de 2016, presentación de proxectos por parte do alumnado.
  • Do 14 ao 17 de xuño de 2016, informe dos proxectos por parte do profesorado e presentación da ficha docente normalizada de cada proxecto seleccionado á Comisión citada en 5.2.
  • Do 20 ao 29 de xuño de 2016: estudo e selección de proxectos pola Comisión de valoración
  • Dia 30 de xuño de 2016: exposición pública (taboleiro e internet) do listado de alumnado e proxectos seleccionados. 

10 de maio de 2016

Presentación do libro "Poeta eres tú" de Juan Carlos Martín Ramos


O próximo xoves, 12 de maio ás 19:30, na nosa hemeroteca presentación do libro "Poeta eres tú" de Juan Carlos Martín Ramos, con ilustracións de Mariona Cabassa. Editado por Creotz. O acto será presentado por Anto­nio Gar­cía Tei­jeiro. Non volo perdades!!!

3 de maio de 2016

XXVII Semana de Raku Segundo Nigrán


Xa está todo preparado para XXVII edición da semana de Raku segundo Nigrán, será entre os días 23 e 27 de maio, organizada pola Escola de Cerámica do Concello de Nigrán coa colaboración da especialidade de cerámica da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. O autor do cartel é Colomán. Parabéns!