28 de xuño de 2016

Conferencia na Hemeroteca "As cantigas de Martín Codax dentro da lírica medieval de mulleres" por Camiño Noia Campos

O próximo xoves, 30 de xuño ás 19:30 a catedrática de literatura galega Camiño Noia dará unha conferencia titulada "As cantigas de Martín Codax dentro da lírica medieval de mulleres" será na nosa hemeroteca. A palestra está organizada polo Colectivo Pertenza e será presentado polo membro do mismo Cipriano Jiménez
Os aspectos do que tratará a conferencia son os seguintes:

1. Os cancioneiros medievais: características. Tipos de composicións que conteñen: Cantigas de    escarnio, de amor, de amigo e xéneros menores

2. As cantigas e as rubricas de autores e intérpretes. Os estudosos da lírica medieval.

3. Marco cultural e político da Idade Media. Canles de penetración da lírica.

4. As cantigas como espello da realidade política, histórica e social.

As de escarnio como crítica dos inimigos políticos e sátira social contra os abusos dos nobres e do rei. Nas Cantigas de Amor, a metáfora feudal é a columna vertebral do xénero. E as de amigo falan do amor compartido ou desexado dunha moza do pobo.

5. As cantigas de amigo dentro da tradición europea das cantigas de muller e dentro da moda trobadoresca.

6. As cantigas do mar de Vigo: Mendiño e Joan de Cangas.

7. As sete cantigas de Martín Codax.

Ningún comentario:

Publicar un comentario