4 de xul. de 2016

Castrelos: 800 anos: o libro de F.J. Ocaña

Como sabedes, na exposición Proxecto 2016 da EMAO, a exposición de fin de curso da nosa Escola, estableceuse como tema xerador o do 800 aniversario da igrexa románica de Castrelos. Como asesor histórico e arqueolóxico desta mostra contouse co profesor Francisco Javier Ocaña Eiroa, que foi o encargado de impartir a conferencia que sobre este tema abríu o proceso creativo dos talleres. Tamén é deste especialista o video que se pasa en contínuo no noso Espazo EMAO.
Agora, Ocaña vén de publicar online un libro que recolle o contido e imaxes daquela conferencia. O libro, baixo o título Santa María de Castrelos, 800 anos de vida románica, é unha completa e única monografía existente sobre a historia, arquitectura e simboloxía deste monumento, facendo especial fincapé nas referencias comparativas, abundantemente ilustradas, coa arte románica española e europea.
Este libro, en formato pdf,  pode descargarse libre e integramente aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario