21/10/2016

Exposición "Mapas e Cartas de Vigo e de Galicia, Séculos XVII ao XX" na Casa Galega da Cultura de Vigo


O próximo día 27 do presente mes de outubro ás 12:00 horas na Casa Galega da Cultura de Vigo (Praza da Princesa 2) será a inauguración da exposición MAPAS E CARTAS DE VIGO E DE GALICIA SÉCULOS XVII AO XX. 
A Fundación Penzol co propósito de achegar os seus fondos á sociedade galega e máis concretamente á viguesa, organiza esta exposición de cartografía. Expoñeranse 33 obras de mapas e cartas de Galicia e tamén de Vigo, representativas do noso fondo cartográfico histórico, que comprende arredor dunhas 80 pezas.
Mostraranse mapas antigos como o de Hernando de Ojea, primeira repre-sentación que se fai de Galicia de maneira independente, así como tamén dos destacados cartógrafos: Tomás López, Vicente Tofiño, Domingo Fontán... Tamén mapas seguindo o modelo cartográfico de “Le Neptuno François” e levantamentos cartográficos das costas galegas, realizados a principios do século XX polo buque hidrógafico Urania con base en Vigo. 
O comisariado está a cargo do destacado cartógrafo galego, Gonzalo Méndez Martínez, profesor da Universidade de Vigo e a mostra permanecerá aberta do 27 de outubro ao 27 de novembro de 2016.

Ningún comentario:

Publicar un comentario