25/01/2017

Exposición "Emporium : mil anos de comercio en Vigo" no Verbum


Esta exposición, de produción propia do Concello de Vigo, pretende dar unha oportunidade á cidadanía, especialmente á viguesa, de coñecer o pasado que explica en grande medida o noso presente como cidade portuaria, industrial e comercial. Emporium artella o seu relato, de xeito sinxelo e didáctico, mediante máis de 200 obxectos arqueolóxicos, restaurados e documentados expresamente para a exposición, moitos dos cales se expoñen por vez primeira ao público. Os materiais e pezas expostos proveñen principalmente dos fondos do Museo Municipal “Quiñones de León”, complementados con elementos doutros museos de Galicia. A exposición permanecerá aberta ao público ata o 28 de maio de 2017
A mostra estrutúrase en tres momento cronolóxicos nos que se determinan aspectos económicos-comerciais diferentes: Prerromano, Romanidade e Tardoantigüidade, e o desenvolvemento expositivo está realizado, co máximo rigor científico e académico, por especialistas en Historia e Arqueoloxía.

Durante parte do pasado ano a concellería-delegada a Área de Cultura ofertou visitas guiadas a escolares á exposición “Emporium. Mil anos de comercio en Vigo”, que se celebra no VERBUM e que presenta as relacións comerciais de Vigo dende a Prehistoria ata a chegada dos árabes á Península Ibérica. Pola importancia da exposición promóvese un novo ciclo de oferta de visitas guiadas , dirixidas a grupos escolares (3º ciclo de primaria, 1º ciclo da ESO e 1º de Bacharelato) , que realizarán monitores didácticos seguindo os materiais elaborados dispoñibles , que poden descargarse a través da web www.vigocultura.org ou www.vigo.org , para que o profesorado poida coñecelos con antelación e abordalos na aula si lle parece acaído.

Ningún comentario:

Publicar un comentario