25/01/2017

Xornada sobre Metodoloxía e Criterios sobre Restauración de Instrumentos Históricos. Estado da Cuestión en Galicia

Imaxe: Jose Luis Cernadas Iglesias, Catedral de Ourense

A xornada Metodoloxía e criterios sobre restauración de instrumentos históricos. Estado da cuestión en Galicia xorde do interese da Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega de sensibilizar a sociedade sobre a importancia do noso patrimonio musical instrumental. Ademais desta finalidade divulgativa, quere servir de punto de encontro de especialistas para coñecer o estado da cuestión en Galicia e debatermos sobre o futuro co fin de mellorar a comunicación entre os diferentes profesionais e a sociedade. Será o vindeiro 15 de febreiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario