26/01/2017

Resolución dun Misterio

Foto de Iago Pastoriza

A nosa hemeroteca está presidida por un retrato pintado por Fernando Pintos en 1961 encargo feito pola Escola non ano 1960. Durante un tempo tivemos serias dubidas sobre que a persoa retratada fora Nicolás Taboada Leal tal como comentáronnos.

Grazas ao interese investigador de Javier Rivas Lago que se entusiasmou desde o principio por resolver o misterio da identidade do retratado e moi especialmente ao traballo de Pablo López Rivas, hoxe todas as dubidas están resoltas...

O autor do retrato tomou como modelo un gravado asinado por Cortés, inspirado seguramente nunha fotografía de Taboada Leal feita no Estudo Ferrer da Coruña. Este gravado aparece publicado no Boletín Oficial do Colexio Provincial de Médicos de Pontevedra de 1 de decembro de 1925, que reproducía unha necroloxía lida polo Dr. Colmeiro no acto de traslado das cinzas de Sr. Taboada, celebrado en Vigo uns días antes.



Ningún comentario:

Publicar un comentario