22/02/2017

Imaxes da Montaxe da Exposición: #handmadenothomemade (Coiro: Cor e Volume)





Ültimos preparativos para a inauguración mañá da exposición #handmadenothomemade, que poderiamos traducir como “feito a man, non feito na casa”. Con este título quere sintetizarse a idea coa que cada día traballamos na nosa Escola: a transmisión do coñecemento dos oficios, respectando a tradición, a orixinalidade e a calidade. 

Lugar: Espazo EMAO. Edificio Anexo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (entrada polas rúas Rosalía de Castro e Pontevedra).
Datas: do 23 de febreiro ao 7 de abril de 2017
Horarios: de 19:00 a 21:00 horas, dias laborables 

Ningún comentario:

Publicar un comentario