5 de mar. de 2017

1ª Xornada de Jim Linnell na Escola de Artes e Oficios


Aquí tedes as imaxes da 1ª Xornada de Jim Linnell na nosa hemeroteca, foi o pasado venres, 3 de marzo ás 18:00 h, un faladoiro cos asistentes, co fin de coñecer máis de preto ó artesán e que nos achegue a cultura americana do traballo do coiro. Aínda quedan dous xornadas máis, a continuación tedes os detalles:

Lúns día 6-3-2017
Hemeroteca da EMAO
16.30- 20.30
Demostración de técnica
Alumnado da Escola 
Público en xeral previa inscripción (40 persoas) (*)  

Martes día 7-3-2017
Hemeroteca da EMAO
16.30-20.30
Clase maxistral
Só para alumnado da Escola matriculado no curso 2016-2017

A admisión, ata completar as 40 prazas reservadas farase por estricta orde de chegada do correo electrónico ao enderezo indicado. A relación de persoas admitidas publicarase no taboleiro de anuncios da Escola e no Blog da especialidade de Artesanía en coiro Enviándose aos admitidos un correo electrónico de confirmación. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario