7 de mar. de 2017

3ª Xornada de Jim Linnell na Escola de Artes e Oficios


Hoxe finaliza a visita do mestre artesán do coiro, Jim Linnell, a nosa Escola. Esta 3ª Xornada consiste en unha clase maxistral dirixida aos alumnos matriculados no presente curso. Jim tamén visitou esta mañá, acompañado polo mestre da especialidade de artesanía do coiro, Pepe Pereira, as diferentes aulas e obradoiros da nosa Escola. 
Estas xornadas desenvólvense dentro das actividades complementarias programadas con motivo da exposición #handmadenothomemade #coiro: cor e volume que se pode visitar, no Espazo Emao, ata o vindeiro 7 de abril
Para rematar agradecer a Jim Linnell a súa presenza na nosa Escola, tamén a súa xenerosidade compartindo a súa sabedoría e experiencia con todas as persoas que asistiron a estas Xornadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario