05/06/2017

Imaxes da Clausura da XVIII Semana de Raku Segundo Nigrán

Este pasado venres, 2 de xuño, remataba a XVIII edición da Semana de Raku que todos os anos célebrase na Escola de Cerámica de Nigrán, grazas á estreita colaboración de Emilia Guimeráns responsable desta Escola e de Miguel Vázquez, mestre de cerámica da nosa Escola de Artes e Oficios de Vigo que ano tras ano se embarcan nesta aventura con esforzo e dedicación. Experiencia á que se suman alumnos e exalumnos gozando durante unha semana do intercambio de coñecementos e do traballo compartido. Parabéns!!!
Agradezo desde aquí a todos os alumnos e alumnas que tamén ano tras ano colaboran con este blog enviándonos fotos que publicamos para facer aínda máis visible esta experiencia. Este ano facemos especial mención a Mila Prieto, Virginia Palacios, Raquel Valuja e Montse Piñeiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario