11/07/2017

Manual "Como protexer a artesanía". Propiedade industrial e patentes para protexer a artesanía

Aquí tedes o pdf do folleto divulgativo "Como protexer a artesanía. Patentes, Marcas e Deseños" enmarcada dentro da actividade da Cátedra de Innovación e Propiedade Industrial Carlos Fernández-Nóvoa.
Fundesarte, a área de promoción da artesanía da Fundación EOI (Escola de Organización Industrial) e a Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) colaboraron na realización deste manual, cuxo obxectivo é concienciar aos artesáns e empresas do sector da artesanía da importancia de protexer as súas creacións. Con iso preténdese fomentar a utilización da Propiedade Industrial como parte da estratexia empresarial do sector artesano para que redunde no súa maior competitividade, importancia económica e prestixio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario