11/09/2017

Exposición Proceso Público no Espazo EMAO. Últimos Días


Exposición: "Proceso público" 
(Proxecto EMAO 2017). Catálogo

Última semana para visitar a exposición "Proceso Público". Esta exposición insírese na programación do Espazo EMAO (Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo) que contempla a realización dun proxecto expositivo singular ao remate do curso académico.
Nesta ocasión, a idea xeratriz planteada como reto aos talleres foi a de Proceso público. Entendeuse esta idea baixo dúas premisas: darlle valor aos procesos de construción que se levan a cabo para crear as distintas obras e establecer a relación das obras co espazo público e a intervención sobre el. 
A maior parte das obras expóñense dentro no Espazo Emao e outras, ademais de ter representación na sala, interveñen sobre distintos espazos públicos. Son a peza de Debuxo construída para o aparcadoiro de bicicletas da Rúa Pontevedra, a de Deseño e encaixe de palillos instalada no vestíbulo da escola, porta principal, ou a de Serigrafía que invade e dialoga co público no vestíbulo da propia sala de exposicións. 

Lugar: Espazo EMAO, edificio da Escola, entradas polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro.
Datas: Ata o 15 de setembro de 2017
Horario de apertura: de luns a venres de 19:00 a 21:00 horas  

Ningún comentario:

Publicar un comentario