Recordade que as persoas incluídas nos listados do resultado do sorteo e das probas de acceso tedes prazo ata o 29 de setembro para confirmar a matrícula. Debedes presentar na Unidade administrativa a seguinte documentación:
- Impreso de confirmación de matrícula debidamente asinado pola persoa interesada, segundo modelo oficial (tamén se pode recoller na conserxería da Escola).
- Fotocopia simple do seu DNI.
Datas e horario de matrícula:
- 22 ao 28 de setembro (de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas).
- 29 de setembro (de 9:00 a 14:00 horas).
De non confirmarse a matrícula nas datas indicadas, daráselle de
baixa na lista de admisión, pasando a ocupar o seu posto o seguinte na
lista de espera. Establécese unha lista de agarda para cada
especialidade, para os casos de substitución por baixa ou por renuncia
do alumnado, durante o primeiro trimestre do curso 2017-2018. Por razóns
prácticas, o número de persoas que figuran na lista de agarda que se
pública é, como máximo o número de prazas ofertadas para cada
especialidade.
Máis información en: http://hoxe.vigo.org/movemonos/emao18.php?lang=gal#/
Ningún comentario:
Publicar un comentario