O Museo de Arte Contemporánea da Fundación Gas Natural Fenosa (en
diante, MAC) dentro do marco establecido polo seu Plan de Cooperación
Cultural e Internacionalización nos apartados referidos a: a) formación e
fortalecimento do sector cultural e b) movilidade internacional de
profesionais do sector cultural; convoca un total de tres (3) becas co
obxectivo de incentivar a realización de proxectos de creación artística
no estranxeiro por parte de artistas novos, nados ou residentes en
Galicia.
Cada unha das tres becas terá unha duración de tres meses e poderá
desenvolverse desde o momento de concesión da beca ata novembro de 2018.
A estancia no estranxeiro deberá ser continuada. Si o beneficiario debe
interromper a estancia no estranxeiro, será por unha causa xustificada.
Poderán ser beneficiarios destas becas todos aqueles artistas nados ou
residentes en Galicia que a data 31 de decembro de 2017 non cumpran os
40 anos. Os solicitantes non galegos deberán presentar un certificado de
empadroamento que acredite que levan residindo en Galicia polo menos un
ano no momento de presentación da candidatura.
As solicitudes poderán presentarse ata as 14:00h (GTM 1) do 17 de
novembro de 2017. Unha vez finalizado o prazo de presentación de
solicitudes non se aceptará ningunha candidatura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario