19/10/2017

Eventos Culturais na Hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios

Aqui tedes un adianto dalgunhas actividades que se van a desenvolver na hemeroteca a próxima semana:

Martes, 24 de outubro ás 20:00


3ª Sesión do seminario "A imaxe e os seus interrogantes nas artes e as humanidades" impartido por Oscar Scopa, destinado a persoas vinculadas ás artes e ás humanidades que se inscribiron previamente.

Mércores, 25 de outubro ás 19:30


O Ateneo Atlántico organiza o seu primeiro Estado da cuestión cun debate sobre a situación actual e futuro do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO). O debate será moderado por Carlos L. Bernárdez. Entrada libre ata completar o aforo.

Xoves, 26 de outubro ás 19:30

Incendio de Coruxo. Foto de Oscar Vázquez
O Colectivo Pertenza organiza un relatorio sobre "Incendios forestais: a marea negra dos montes galegos" a cargo de Serafín González Prieto, Doutor en Ciencias Biolóxicas pola USC e Investigador Científico do CSIC, adscrito ao Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (IIAG) desde xaneiro de 1993. Entrada libre ata completar o aforo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario