Desde de 1997, cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca, unha iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, co apoio do Ministerio de Cultura, en recordo da destrución da Biblioteca de Sarajevo incendiada o 1992 durante a Guerra dos Balcanes. Esta conmemoración naceu para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.
Cada ano encárgase a un escritor e a un ilustrador, ambos de recoñecido prestixio, a redacción do pregón e o deseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas de España, asociados e interesados. Este ano os elixidos foron o Premio Nacional de Literatura Infantil 2016, Alejandro Palomas, e o ilustrador Manuel Marsol, último ganador do Premio Internacional de Ilustración Feria de Bolonia-Fundación SM.
O acto conmemorativo terá lugar hoxe en Talavera de la Reina (Toledo).

Ningún comentario:
Publicar un comentario