Título: EMAO, Proxectos 2017
Lugar: Espazo EMAO. Edificio Anexo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (entrada polas rúas Rosalía de Castro e Pontevedra).
Datas: do 10 de novembro de 2017 ao 15 de xaneiro de 2018
Horario: de 19:00 a 21:00 horas, días laborables
Inauguración: venres, 10 de novembro ás 19:00 h
O Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), aprobado polo Concello no ano 2015, implementou un novo e derradeiro curso dentro do currículum de cada especialidade, o nivel Avanzado, destinado a completar a formación técnica e artística do alumnado mediante a redacción, selección e posterior desenvolvemento dun proxecto titorizado polo mestre de cada especialidade.
A Mostra que se abre nestes días no Espazo EMAO (sala de exposicións da Escola) recolle o producto final do desenvolvemento dos proxectos correspondentes á convocatoria do curso 2016-2017, nesta ocasión das especialidades de Cerámica artística, Serigrafía artística, Ourivaría, Talla e escultura en madeira, Pintura, Debuxo artístico, Artesanía en coiro, Encadernación e Moda e confección
Un total de 40 obras de grande calidade, que supoñen a plasmación material da formación recibida na Escola e, en concreto, dun ano de traballo no Curso Avanzado. Refléxanse nas obras expostas os procesos de investigación, formación, conceptualización e fabricación executados baixo as premisas dos eixes principais sobre os que pivota a actividade educativa e cultural da EMAO: a excelencia técnica, a creatividade e a transversalidade.
Comisariado: Sandra de Jesús e Emma Pintos, mestras das especialidades de Ourivaría e de Moda na EMAO
Produción e montaxe: Profesorado e alumnado da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Cartel: Federico Fernández, mestre de Debuxo artístico da EMAO
Coordinación: Rafael Ojea
Axudante de montaxe: Alberto Couñago
Ningún comentario:
Publicar un comentario