Foto de José Lores. Faro de Vigo |
Hoxe publícase no Faro de Vigo un artigo sobre a nosa Escola,
concretamente sobre a exposición "Proxectos 2017" que se pode visitar
ata o 15 de xaneiro na nosa sala de exposicións Espazo EMAO.
Baixo o
título "A maestría do traballo artesanal lócese en Vigo" faise eco dos traballos de cerámica, ourivaría, escultura en madeira,
pintura, coiro, serigrafía, debuxo, encadernación e moda e confección que
comparten protagonismo nesta exposición que é fiel reflexo das destrezas adquiridas ao longo do proceso de aprendizaxe.
Un total de 40
obras de grande calidade, que supoñen a plasmación material da formación
recibida na Escola e, en concreto, dun ano de traballo no Curso
Avanzado. Refléxanse nas obras expostas os procesos de investigación,
formación, conceptualización e fabricación executados baixo as premisas
dos eixes principais sobre os que pivota a actividade educativa e
cultural da EMAO: a excelencia técnica, a creatividade e a
transversalidade
Comisariado: Sandra de Jesús e Emma Pintos, mestras das especialidades de Ourivaría e de Moda na EMAO
Produción e montaxe: Profesorado e alumnado da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Cartel: Federico Fernández, mestre de Debuxo artístico da EMAO
Coordinación: Rafael Ojea
Axudante de montaxe: Alberto Couñago
Ningún comentario:
Publicar un comentario