Este mércores, 21 de febreiro ás 19:30 na nosa hemeroteca, a Asociación Cultural Pertenza organiza unha palestra a cargo de Xurxo Martínez "A estirpe dos Chao e a cultura viguesa" o acto será presentado por Julio Alonso.
Na conferencia percorrerase a historia de Vigo no século XIX, para comprender os cambios socioculturais que se producen e no centro, como fío condutor, a estirpe dos Chao. Tratarase de explicar como na metade do XIX se conforma a esfera pública en Vigo a partir de dous espazos antagónicos no ideolóxico: o conservador e o progresista. A familia Chao liderará este segundo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario