10/04/2018

Ata Sempre Luis!


Esta pasada Semana Santa foi especialmente triste, fóisenos un amigo desta biblioteca, un alumno moi querido desta Escola. 
Luis Abelleira Garbayo foi alumno de talla en madeira, de pintura e non perdía a esperanza de matricularse en debuxo, acudía con frecuencia á biblioteca, sempre cargado cos seus lenzos, co seu blogue de debuxo e aproveitaba calquera ocasión para tomar apuntamentos. Sempre con algún proxecto entre mans, desprendía vitalidade e ganas de vivir. 
Teño a convicción de que afrontou con valentía e serenidade a súa enfermidade, rodeado da súa familia á que adoraba e da que sentía especialmente orgulloso. 
Quero transmitir aos seus, especialmente a Marina, o afecto que lle profesaba e a profunda tristeza que a súa perdida produciume. Todos os que nesta escola tratámoslle gardaremos del un gratísimo recordo.

1 comentario: