Rematou a VI edición das “Xornadas dos Oficios do Coiro” e Allariz volveu a ser a capital do Coiro, non só en Galicia ou en España, senón tamén en Europa. Podemos dicir que esta é a actividade, vinculada ao coiro, máis lonxeva e continua da nosa contorna, grazas especialmente ao traballo que dende o Museo do Coiro se ven realizando nestes anos.
Nestas “Xornadas” desenvólvense obradoiros, mercados, cursos e exposicións, e por suposto a convivencia durante uns días de moitos artesáns de diferentes puntos da península.
No profesional, esta edición foi moi especial, xa que por primeira vez as principais Escolas nas que se imparte formación vinculada directamente co coiro uníronse para amosar o traballo que se está a desenvolver nas nosas aulas.
As Escolas de Jérez de la Frontera, Córdoba, Madrid, Burgos, Igualada (Barcelona) e Vigo foron os puntos de partida desta mostra, como mestre de esta última foi un reto ilusionante e os alumnos traballaron duro para participar na exposición e mostrar o que facemos.
A exposición recolleu pezas artísticas, pezas de deseño, pezas tradicionais e abrangue pezas vencelladas aos diferentes oficios: marroquinería, guarnicionería, corioplastia... Sen dúbida vai dar que falar e fará que o nome de Allariz se faga se cabe máis coñecido, xa que o futuro dos artesáns do coiro da contorna vai pasar por “A Paneira”.

por Pepe Pereira
(Artesán do Coiro e Mestre de Formación en Artesanía en Coiro da EMAO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario