Este xoves, 21 de xuño ás 19:30 conferencia sobre “Antonio Palacios, entre Vigo e Madrid” por José Ramón Iglesias, do Instituto de Estudios Vigueses, na nosa hemeroteca.
Resumo:
Resumo:
Proponse un percorrido virtual polas variantes da creación de Antonio Palacios en Madrid e Galicia, con atención á pensada para Vigo e a súa bisbarra. A aproximación á obra deste arquitecto porriñés terá un carácter eminentemente visual que, ademais de amosar as relacións cos estilos da súa época, permita comprender aspectos da súa singularidade, como a dimensión cosmopolita que adopta no centro da metrópole e a mirada ao vernáculo dalgunhas propostas galegas, dentro dunha hipotética contraposición entre modernidade e tradición. Tamén se examinará a importancia dada a expresividade dos materiais, especialmente ao nobre granito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario